viernes, 22 de enero de 2010

microQonto · They’re all mad there (Iria Castro)


O tempo non existe. O espazo non importa. Nunha especie de carpa pechada colga unha bombilla. Suxa e bamboleante. Comeza a sonar unha canción.

Hang me in a bottle like a cat....

A voz que soa é tan farrapenta e rota coma as dúas personaxes que fan a súa aparición. Dous paiasos. Están desconcertados. Non saben como apareceron aí, pero saben o que viñeron facer. A súa roupa xa pasou por miles de mans. E nas súas caras hai barba de varios anos. Non hai público, é unha función de sicofonías. E loitan por ver cal dos dous é máis pícaro.

And your big expensive face will never last...

Ambos comezan a facer espectáculo. O máis longo sorrí amplamente e a súa cara reflexa desesperación, mira para os laterais, pero non hai ninguén que o poida salvar. E logo mira para o pequeno, que toca o trombón dun xeito lúgubre. Diríxese cara a el, o outro retrocede. Comezan a perseguirse. Non hai saída da carpa. E o trombón acompaña á estraña canción que soa. Ambos teñen unha se decatan de que a música non é un simple acompañamento. O do chapeu golpea co trombón ó longo, que xira sobre si mesmo dando dúas voltas. Logo cae sobre si mesmo e intenta conseguir rostros de complicidade. O único que obtén do inexistente público é o baleiro, nin silencio hai. E a música segue a sonar:

And you’ll die with the rose still on your lips...

Ambos comezan a suar. E saben que non poden permitilo, ou a maquillaxe correrá por eles abaixo coas pingas de suor. Séntanse e o longo conta chistes mentres o pequeno tenta facerlle unha especie de banda sonora. Se tivesen público de seguro se estaría rindo. Pero non o hai. E saben que a canción non tardará moito en rematar. As sicofonías van en aumento. E a voz rouca tamén.

Saben que a función vai rematar en calquera momento e igual de desconcertados que chegaron, prepáranse a marchar. A música comeza a baixar o volume, pero as sicofonías seguen aí.

...And the shore of your face will turn to bone.

----
Para crear a atmosfera na que me inspirei, prégase (se se pode) escoitar unha canción de Tom Waits (We’re all mad here) ó ler o conto.

Erase unha vez unha rapaza a un mp3 pegada e a un boligrafo de propaganda aferrada. Gosta de escribir en calquera papel en branco ou escrito, de devorar libros, de escoitar música impulsivamente e de viaxar. Gosta tanto de viaxar que marchou coñecer mundo. Agora mesmo vive en Polonia, onde pasa frío e dende onde escribiu as verbas que agora ledes. Pero na Galiza repártese entre Lugo, terra natal onde apaña castañas de moi boa gana, e Vigo, terra estudantil onde busca xeitos de traducir letras ó galego.

A imaxe foi tomada de shorpy.com
Ler todo o microQonto...

microQonto · Cantina (Iria Castro)



– Que vai ser rapaz?
– Que tes?
– O que ves. Non hai máis.
– Dáme logo o que teñas máis fresco.
– Teño á Julie, he he...
– Dama, non me importa ha ha ha!
– Dama... non creo que sexa unha dama, pero farache un bo servizo he he he... A ver ho, di o que queres, que hai máis xente. Abdil! Atende aí!
– E quen é o rapazolo?
– Tróuxocho a prea da Julie. Di que ven de onde cristo perdeu a zapatilla e que llo deixou unha tía-avoa súa que morreu en Louisiana fai dúas semanas.
– E logo como traballa ela tamén?
– Non che anda moi ben de cartos e o marido marchoulle con outra. Necesita os dous soldos, aínda que o do negro sexa menos có seu.
– E que sabe facer? Seguro que é un lacazán.
– Non ho! Estache moi ben ensinado. A tía-avoa da Julie debíao ter xa amestrado. Cociña mellor cá Julie, de feito agora a Julie non cociña. Encárgase el de todo.
– Dille logo que me faga algo.
– Abdil! Faille aí uns ovos fritidos ó rapaz! Mais un pouco touciño! E non esquezas o café! Veña loubán!



----
Erase unha vez unha rapaza a un mp3 pegada e a un boligrafo de propaganda aferrada. Gosta de escribir en calquera papel en branco ou escrito, de devorar libros, de escoitar música impulsivamente e de viaxar. Gosta tanto de viaxar que marchou coñecer mundo. Agora mesmo vive en Polonia, onde pasa frío e dende onde escribiu as verbas que agora ledes. Pero na Galiza repártese entre Lugo, terra natal onde apaña castañas de moi boa gana, e Vigo, terra estudantil onde busca xeitos de traducir letras ó galego.

A imaxe foi tomada de shorpy.com
Ler todo o microQonto...

miércoles, 20 de enero de 2010

microQonto · Peter Buckley: The beginnin' (Cesar Candelas)


“Moi forte me van ter que pegar para que me doa tanto como me doen os teus ollos.”



"Ás veces son César Candelas, ás veces De la Highway 61. Non sei ben cando sae un e entra o outro. Mediohistoriador, medioescritor, e mediomúsico. Mediomanteño a bló +Dylan (dylangz.blogaliza.org), recreo o repertorio Dylan cos amigos en The Dylan Sessions (www.myspace.com/thedylansessions) e fago cancións e actúo, tamén e sempre cos amigos, en QCP! (www.myspace.com/quecundaopanico)."

A imaxe foi tomada de shorpy.com
Ler todo o microQonto...

lunes, 18 de enero de 2010

microQonto · Historia dun home que tocaba boleros na Habana (Cesar Candelas)

“Cando era un rapaz fixen o único que se supuña podía facer un negro de Vicksburg, Alabama. Collín a miña guitarra e subín pola Highway 61 até o cruce que Robert Johnson sinalara. Alí atopeime co dos cornos, ese ao que chaman Lexión. Ofrecinlle a miña alma, mirouna e soltou unha gargallada. Dixo: “A onde vas con iso, se até a miña é mellor!”. Bueno, díxenlle eu, qué lle imos facer! Alguén terá que tocar eses boleros na Habana.”


"Ás veces son César Candelas, ás veces De la Highway 61. Non sei ben cando sae un e entra o outro. Mediohistoriador, medioescritor, e mediomúsico. Mediomanteño a bló +Dylan (dylangz.blogaliza.org), recreo o repertorio Dylan cos amigos en The Dylan Sessions (www.myspace.com/thedylansessions) e fago cancións e actúo, tamén e sempre cos amigos, en QCP! (www.myspace.com/quecundaopanico)."

A imaxe foi tomada de shorpy.com
Ler todo o microQonto...

domingo, 17 de enero de 2010

microQonto · Benquerido, Erik (Hjerbert Bönn)

Benquerido, Erik!

A moral do grupo hai tempo que morreu conxelada e unha xenreira glacial reloce nos ollos de todos cando lles repito as túas sabias palabras de que non se admiten devolucións nin indemnizacións de ningún tipo.

Erik, non quero preocuparte inutilmente mais semella que a aplicación do teu liberalismo radical non produce nestes capitalistas decadentes un efecto narcótico como predicías. Onte mentres fuxiamos dun aviso de alude a Duquesa consorte de Altamira, Mister White-House e o doutor Abramóvich xuraron polos seus mortos, e son moitos, que se saen con vida desta imos rematar dando de comer aos peces no fondo do golfo de Nápoles, pallasos!

O teu amigo e socio en precario, Hjerbert Bönn



Hjerbert Bönn é un médium de orixe checa e devanceiros galegos, melómano e onanista a partes iguais. Vaga por Europa desde a primavera do 68 canda Erik caChuzo na procura da gloria anunciada polo lema das súas epatantes familias," pijë capskj ivsil trasren empapskj” 1

1 quen non molla o cú, non apaña peixiños

A imaxe foi tomada de shorpy.com
Ler todo o microQonto...