jueves, 14 de junio de 2012

O libro dos microQontos!





O libro dos microQontos xa está na rede! E non nos estraña que tivese unha acollida calorosa, non podemos menos que volver agradecer a todas as participantes neste certame tan singular para o que puxemos, como mínimo, toda a nosa boa intención. O segredo estivo en contar con tanta boa xente que se prestou a colaborar sen dubidalo, convertendo a literatura nun feito colectivo ben fermoso.


Agora ademais de neste pequeno blog creado para o certame xa podedes ler todos os microQontos en formato libro, libro libre, de libre descarga claro. Os amigos de PRAZA tiveron a deferencia de difundilo e albergalo entre as súas páxinas virtuais. Podedes descargalo aquí:


E velaquí un par de reseñas sobre o libriño. Unha delas en Praza e a outra en Código Cero:

Microqontos para ler entre tweet e tweet

Dispoñíbel na Rede o libro colectivo do certame MicroQontos Ler todo o microQonto...